convenio
lat v *convenĭu
-
s
m
-
Aquilo que se acorda entre as partes de maneira formal, particularmente entre institucións.
-
Texto no que se recollen as resolucións que se acordaron.
-
-
s
m
[DER ]
Acordo de dúas ou máis vontades tendentes á creación dun vínculo xurídico.
-
s
m
[DER ]
Negocio xurídico entre aquela persoa que vai presentar suspensión de pagamentos, ou que o fixo infrutuosamente, e os seus acredores, que foi aceptado por acordo maioritario dos acredores e aprobado polo xuíz.
-
convenio colectivo
[DER ]
Acordo escrito entre os representantes dos traballadores e os dos empresarios, que ten como obxectivos a regulación das relacións entre eles, a fixación das condicións laborais ás que se deberán axustar os contratos individuais de traballo e a determinación das condicións de traballo nun ámbito determinado.
-
convenio de colaboración
[DER ]
Acordo celebrado entre o goberno do Estado e os órganos de goberno das comunidades autónomas, ou entre estas entre si no ámbito das súas respectivas competencias.
-
convenio económico
[DER ]
Acordo escrito entre o Estado e unha comunidade autónoma cando esta goza de autonomía para manter, establecer e regular o seu réxime tributario.
-
convenio internacional
[DER ]
Acordo de vontades celebrado entre suxeitos de dereito internacional e destinado á produción de efectos conformes ás normas xurídicas internacionais.
Sinónimos
Citas
- Marrocos e España asinaron un convenio en materia de emigración
- Redactei xa o convenio para que ninguén modifique os seus puntos