contrato

contrato

lat contractu

Plural: contratos
    1. s

      Acordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial.

    2. s

      Conxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.

    3. contrato aleatorio

      Contrato en que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.

    4. contrato consensual

      Contrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.

    5. contrato de adhesión

      Contrato en que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos.

    6. contrato de traballo

      Negocio xurídico bilateral que ten por finalidade a creación dunha relación xurídica laboral.

    7. contrato mercantil

      Contrato en que se concerta a realización dalgún dos actos de comercio ou das formas do contrato de empresa.

  1. s m

    Documento en que se recolle o acordo contractual.

  2. s m [LIT ]

    Relación establecida entre dous suxeitos e os termos en que se produce o seu acordo, segundo Algirdas Julien Greimas.

  3. contrato social [FILOS/POLÍT ]

    Teoría que trata de explicar a orixe das institucións sociais na historia como resultado dun pacto ou acordo de vontades implícito entre os individuos, e entre estes e a comunidade.

Citas

  • Rachou o contrato diante dos membros da empresa

Refranes

  • Trato e contrato enchen o prato.