contrasinal

contrasinal

contra- + sinal

Plural: contrasinais
  1. s m

    Sinal que se lle dá a unha persoa para que, nun momento determinado, sexa recoñecida ou lle sexa concedido algo.

  2. s m

    Sinal que se lle pon a algo para diferencialo doutras cousas.

  3. s m [BÉL ]

    Palabra que serve como medio de identificación dunha sentinela ou da tropa que se achega.

  4. s m [INFORM ]

    Secuencia secreta de caracteres que impide o acceso de persoas non autorizadas a un documento determinado.

Sinónimos

Citas

  • O contrasinal consistía en recitar varios versos do himno galego

Formas incorrectas

contraseña