contrariedade

contrariedade

lat contrariĕtāte

Plural: contrariedades
  1. s f

    Calidade de contrario.

  2. s f

    Aquilo que se opón ás intencións de alguén ou á realización dalgunha cousa.

  3. s f

    Desgusto de pouca importancia a causa dalgunha circunstancia contraria a algún interese.

  4. principio de contrariedade [FILOS ]

    Enunciado que establece a imposibilidade de que dúas proposicións contrarias sexan verdadeiras, pero si que poden ser falsas.

Citas

  • A súa renuncia supuxo unha contrariedade máis na súa vida
  • O accidente foi unha contrariedade máis na comercialización do producto