contradición

contradición
Plural: contradicións
  1. s f

    Acción de contradicir ou contradicirse.

  2. s f

    Relación entre palabras ou feitos que se contradín.

  3. principio de contradición [FILOS ]

    Principio da lóxica aristotélica que na tradición escolástica constituíu o primeiro principio ontolóxico: é imposible que unha cousa sexa e non sexa ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto.

Formas incorrectas

contradicción