contracción

contracción

lat contractĭōne

Plural: contraccións
    1. s

      Acción e efecto de contraer ou contraerse.

    2. s [FÍS ]

      Diminución das dimensións transversais dun corpo sometido a un esforzo de deformación por tracción.

    3. s [ECON ]

      Fase de flutuación económica que se caracteriza pola redución ou diminución dos prezos, lucros, produción, emprego, consumo e investimentos.

    4. contracción cardíaca [FISIOL ]

      Movemento das fibras musculares do corpo que fan que se contraia e que impulse o sangue cara ás diferentes portas do corazón.

    5. contracción muscular [FISIOL ]

      Propiedade que teñen as fibras musculares de diminuír a lonxitude nunha das súas dimensións e aumentala nas outras.

    6. contracción uterina [FISIOL ]

      Contracción das fibras musculares do útero que aparece no transcurso da xestación, do parto e do puerperio.

  1. s f
    1. Redución dun elemento lingüístico, a miúdo en combinación con outro elemento.

    2. Palabra que resulta desta redución.

  2. s f [PALEOG ]

    Sistema de abreviación que consiste en suprimir unha ou máis letras mediais nunha palabra.

Citas

  • A palabra
  • de
  • do
  • é unha contracción da preposición
  • mais o artigo determinado
  • o
  • Ó perder a humidade a porta de madeira sufriu unha pequena contracción