continuidade

continuidade

lat continuĭtāte

Plural: continuidades
    1. s

      Calidade de continuo.

    2. principio de continuidade [FILOS ]

      Enunciado que afirma que calquera cambio na realidade natural do mundo se produce dunha maneira gradual.

  1. ecuación de continuidade [FÍS ]

    Nome xenérico das ecuacións que expresan de xeito diferencial a lei de conservación dunha magnitude conservativa.

Antónimos

Citas

  • A continuidade da novela ofrécenola o protagonista
  • A empresa non pode garantir a continuidade de todos os traballadores na empresa