consular

consular

lat consulāre

Plural: consulares
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.

    1. data consular

      Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules lle daban o seu nome ao ano.

    2. fastos consulares

      Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica.

Citas

  • O representante consular non asistiu á reunión