construción

construción
Plural: construcións
  1. s f

    Acción e efecto de construír.

    1. s

      Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñaría ou arquitectónicas.

    2. construción naval

      Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos.

  2. s f

    Obra construída, especialmente de enxeñaría ou de arquitectura.

    1. s

      Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior.

    2. construción absoluta

      Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.

    3. construción “ad sensum”

      Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais.

    4. construción endocéntrica

      Construción que, segundo L. Bloomfield, ten a mesma clase formal ca un ou varios dos seus constituíntes.

    5. construción exocéntrica

      Construción que, segundo L. Hjelmslev, non pertence á mesma clase formal ca os seus constituíntes, polo tanto, ningún deles pode substituír toda a construción.

    6. construción sintáctica

      Estrutura que, esencialmente, presenta calquera oración dunha lingua determinada.

  3. índice de construción [AERON ]

    Parámetro adimensional que se emprega en tecnoloxía espacial para definir a lixeireza da estrutura dun foguete espacial.

Formas incorrectas

construcción