constituínte

constituínte

constituír

Plural: constituíntes
    1. adx

      Que constitúe algunha cousa. Tm s.

    2. constituínte descontinuo [LING ]

      Constituínte que non se sitúa ao lado doutro na cadea de palabras, pero que se relacionan sintáctica ou semanticamente.

    3. constituínte inmediato [LING ]

      Cada un dos elementos de nivel máis baixo que forma parte dunha construción sintáctica ou morfolóxica, de tal xeito que entre o elemento e a construción enteira non se interpón ningunha construción parcial de nivel intermedio.

  1. adx [DER/POLÍT ]

    Que ten poder para establecer ou reformar unha constitución. Tm s.

Citas

  • A verdade e a lealdade son os principais elementos constituíntes da nosa amizade, Os constituíntes da fórmula química eran un segredo
  • Elixírono para formar parte da Asemblea constituínte
  • en inglés, o verbo preposicional call up, Peter called she up ‘Peter chamouna’; ou, en francés, a construcción negativa do verbo fórmase cun constituínte descontinuo ne,,pas, Paul ne mange pas ‘Paul non come’), Na representación por diagramas arbóreos prodúcense interseccións de pólas