consolidación

consolidación

lat v *consolidatiōne

Plural: consolidacións
  1. s f

    Acción e efecto de consolidar ou consolidarse.

  2. s f [MED ]

    Proceso de curación dunha fractura ósea con tendencia a devolverlles as propiedades primitivas aos ósos.

  3. s f [DER ]

    Forma de extinción dos dereitos reais que consiste en reunir e asignar a un titular as facultades de dominio que antes estaban disgregadas.

    1. s

      Proceso económico que segue a unha época de crise e que se caracteriza polo crecemento rítmico da produción e do consumo e polo equilibrio na balanza de pagamentos.

    2. consolidación da débeda pública

      Conversión da débeda pública flotante en débedas a longo prazo.

  4. s f [XEOL ]

    Proceso de conversión dun material solto ou brando noutro duro e compacto.

  5. s f [XEOL ]

    Asentamento gradual dun solo provocado por forzas gravitatorias, ben polo seu propio peso ou ben polas estruturas que soporta.

  6. s f [CONSTR ]

    Asentamento natural dun terreo debido á acción do seu propio peso e ás construcións existentes nel.