conservación

conservación

lat conservatiōne

Plural: conservacións
  1. s f

    Acción e efecto de conservar ou conservarse.

  2. s f [ALIM ]

    Técnica de preparación dos alimentos para evitar o seu proceso de descomposición e manter o seu poder nutritivo.

  3. s f [ARTE ]

    Operación que consiste en manter os obxectos artísticos no mellor estado posible, de xeito que se evite o seu deterioro e que prolonguen a súa existencia, ademais de non modificar as condicións estéticas e culturais en que foron producidos.

  4. s f [ECOL ]

    Conxunto de medidas de xestión que buscan a compatibilidade entre a actividade humana e os recursos naturais, ademais da preservación e da restauración do medio natural.

  5. instinto de conservación [PSIC ]

    Instinto que impulsa os seres vivos á loita pola supervivencia e que se manifesta especialmente en situacións de perigo.

  6. lei de conservación [FÍS ]

    Lei que expresa que nun sistema físico o valor dunha magnitude física, como a enerxía ou a masa, permanece constante no tempo durante determinadas transformacións.

Citas

  • Puxo moito empeño na conservación do seu posto de traballo

Refranes

  • Hai que conservar coa prudencia o que se gaña coa experiencia.