conexión

conexión

lat connexĭōne

Plural: conexións
  1. s f

    Acción ou efecto de conectar.

  2. s f [TECNOL ]

    Asociación de dous sistemas eléctricos, circuítos ou aparatos mediante un ou máis condutores.

  3. s f

    Situación en que un conxunto de cousas están conexas.

  4. s f

    Relación que existe entre dúas cousas conexas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A conexión dos elementos deu un bo resultado
  • As conexións que teñen os delincuentes impiden que os deteñan
  • Non había conexión no seu discurso