conducir

conducir

lat conducĕre ‘conducir’

  1. v t

    Levar a unha persoa ou animal polo camiño por onde ten que ir.

  2. v t

    Dirixir un asunto determinado ou a actuación dun grupo de persoas.

  3. v t

    Transportar algo dun lugar a outro.

  4. v t

    Dirixir animais de tiro ou vehículos.

  5. v pron

    Comportarse dunha determinada forma.

Sinónimos

Citas

  • As drogas conducírono á delincuencia, OBS: Nalgunhas construccións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo ( O alcohol conduce ao abandono físico)
  • Condúcese moi ben na vida
  • Conduciron os sacos de café dun almacén a outro, Conduciu o rabaño á feira
  • Conduciu a nena pola man ata o colexio, Conducimos o gando ata o prado
  • Este camiño conduciranos á montaña en pouco tempo, OBS: Nalgunhas construccións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo, A estrada conduce ao mar
  • Luís conduce un autobús escolar, OBS: Nalgunhas construccións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo, Aínda non sabe conducir
  • O xeneral conduce os soldados para gañar a batalla, Conduce a dirección da coral de forma extraordinaria
  • Os tubos conducen a auga dende o monte ás casas, O cobre conduce a electricidade
Conjugar
VERBO conducir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conduzo
conduces
conduce
conducimos
conducides
conducen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducía
conducías
conducía
conduciamos
conduciades
conducían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducín
conduciches
conduciu
conducimos
conducistes
conduciron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducira
conduciras
conducira
conduciramos
conducirades
conduciran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducirei
conducirás
conducirá
conduciremos
conduciredes
conducirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conduciría
conducirías
conduciría
conduciriamos
conduciriades
conducirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conduza
conduzas
conduza
conduzamos
conduzades
conduzan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducise
conducises
conducise
conducisemos
conducisedes
conducisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducir
conducires
conducir
conducirmos
conducirdes
conduciren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conduce
-
-
conducide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conducir
conducires
conducir
conducirmos
conducirdes
conduciren
Xerundio conducindo
Participio conducido
conducida
conducidos
conducidas