condensación

condensación

lat condensatiōne

Plural: condensacións
  1. s f

    Acción e efecto de condensar ou condensarse.

  2. s f [FÍS ]

    Paso dunha substancia do estado de vapor a un estado condensado, é dicir, ao estado líquido ou sólido.

  3. s f [FÍS ]

    Aumento de densidade.

  4. s f [QUÍM ]

    Proceso en que se unen as dúas moléculas que van reaccionar.

  5. s f [PSIC ]

    Proceso inconsciente que se produce durante o sono que, segundo a psicanálise, consiste nunha refundición de pensamentos ou contidos latentes nun só contido manifesto.

  6. condensación cromosómica [XEN ]

    Proceso que ten lugar durante a división celular e que leva ao empaquetado da cromatina interfásica en cromosomas metafásicos.

  7. núcleos de condensación [METEOR ]

    Corpúsculos sobre os que se inicia a condensación de vapor de auga atmosférica en forma de gotas, cando o grao higrométrico é suficientemente alto pero non chega á saturación.