concerto

concerto
Plural: concertos
  1. s m

    Acción e efecto de concertar ou concertarse.

  2. s m

    Harmonía de cousas dispostas ordenadamente para un fin.

  3. s m

    Acordo entre diversas persoas xurídicas cunha finalidade común.

    1. s

      Modalidade do contrato administrativo de xestión de servizos públicos, polo que se encomenda esta xestión a unha persoa natural ou xurídica que realiza prestacións análogas a este servizo.

    2. concerto económico-administrativo

      Convenio sobre materia tributaria entre o ministerio de Facenda e determinadas autonomías ou provincias que gozan dun réxime fiscal especial.

    3. concerto para a prestación de servizos

      Forma de xestión indirecta dos servizos públicos na que se contrata a prestación dos servizos con outras entidades públicas ou privadas. É característica das corporacións locais.

    1. s

      Audición pública ou privada de obras musicais.

    2. concerto solista

      Concerto característico da música barroca no que a formación do concertino está reducida a un só instrumento.