comunidade

comunidade

lat communitāte

Plural: comunidades
  1. s f

    Calidade do que se posúe entre varios.

  2. s f

    Reunión dos que viven en común.

    1. s [SOCIOL ]

      Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.

    2. s [RELIX ]

      Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

    3. s [HIST ]

      Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.

    4. comunidade autónoma [ADM ]

      Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.

    5. comunidade científica

      Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.

    6. comunidade de bens [DER ]

      Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.

    7. comunidade de bens [DER ]

      Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.

    8. comunidade de montes

      Forma de organización dos montes veciñais en mancomún de Galicia.

    9. comunidade de pastos [DER ]

      Situación de copropiedade respecto aos pastos dos terreos de varios propietarios de fincas rústicas.

    10. comunidade de propietarios [DER ]

      Situación de copropiedade respecto a un ben moble ou inmoble, que se caracteriza pola existencia dunha pluralidade de persoas en relación á propiedade do obxecto. Os copropietarios teñen dereito a dispor da súa parte, que poden vender ou hipotecar.

    11. comunidade de regantes [DER ]

      Corporación de dereito público que, baixo tutela administrativa, exerce a administración das augas públicas para rego.

    12. comunidade educativa [EDUC ]

      Conxunto formado por todos os axentes e colaboradores do proceso educativo, especialmente referido aos pais, profesores e alumnos.

    13. comunidade internacional [DER ]

      Unión libre dos estados e demais suxeitos de dereito internacional baseada na idea de solidariedade e que intenta resolver por medios pacíficos os conflitos de intereses internacionais.

    14. comunidade linguística [LING ]

      Grupo social no que os seus membros teñen consciencia de usar e relacionarse co mesmo sistema lingüístico.

    15. comunidade terapéutica [MED ]

      Unidade hospitalaria na que o enfermo se converte en parte activa da comunidade, polo que intervén en tarefas de organización asistencial.

  3. s f [ECOL ]

    Conxunto de organismos de especies diferentes que habitan un contorno común e interaccionan mutuamente.

Sinónimos

Citas

  • A superiora da comunidade de monxas estableceu o horario de visitas do convento
  • As obras fixéronse pensando en toda a comunidade de veciños
  • Hai que traballar polo ben da comunidade
  • Os dous teñen a mesma comunidade de ideas