aéreo -a
aéreo -a
lat aerĕu ‘aire’
-
adx
Relativo ou pertencente ao aire.
-
adx
[AERON ]
Relativo ou pertencente á aeronáutica.
-
adx
Que ten pouco peso ou entidade.
-
adx
[BOT ]
Aplícase ao órgano que medra no aire.
-
adx
[FILAT ]
Selo emitido para correspondencia por avión.
-
conduto aéreo
[ANAT ]
Conduto que leva aire aos pulmóns.
Citas
- A correspondencia internacional utiliza o correo aéreo
- A navegación aérea é un dos medios de transporte máis cómodos e seguros