comprometer

comprometer

lat compromittĕre

  1. v t
    1. Pór a alguén ou algo nun compromiso.

    2. Mesturar a alguén en algo, deixándoo nunha situación crítica ou ligándoo aos propios intereses.

  2. v t
    1. Acordar algo dúas ou máis persoas.

    2. Prometer en matrimonio. Tm v pron.

  3. v t
    1. Pór en perigo algunha cousa.

    2. Poñer o honor ou a palabra como garantía de algo.

  4. v pron

    Sentirse obrigado a algo por unha promesa.

Sinónimos

Citas

  • A declaración do seu amigo comprometeuno no roubo
  • A nosa confabulación comprometeuno naquel asunto, Destruíu as probas que o comprometían
  • Comprometeron a xunta directiva nas negocións co concello, Comprometérono a seguir no equipo dúas temporadas máis
  • Comprometéronse xa hai moitos anos pero non dan casado
  • Comprometeu a filla co home máis rico do lugar
  • Comprometeuno para que interviñese naquela operación tan perigosa
  • Comprometinme a dar os cartos de aquí a un ano, Comprometeuse a non fumar nunca máis
  • Con aquelas declaracións, comprometeu o seu prestixio
  • Falando con aquel home, comprometeuse
  • Se segues falando dos resultados que obtivemos, comprometes o experimento, Comprometeu o seu honor ao defender o presunto asasino
  • Xa comprometeron a metade das localidades
Conjugar
VERBO comprometer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometo
comprometes
compromete
comprometemos
comprometedes
comprometen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometía
comprometías
comprometía
comprometiamos
comprometiades
comprometían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometín
comprometiches
comprometeu
comprometemos
comprometestes
comprometeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometera
comprometeras
comprometera
comprometeramos
comprometerades
comprometeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometerei
comprometerás
comprometerá
comprometeremos
comprometeredes
comprometerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometería
comprometerías
comprometería
comprometeriamos
comprometeriades
comprometerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometa
comprometas
comprometa
comprometamos
comprometades
comprometan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometese
comprometeses
comprometese
comprometesemos
comprometesedes
comprometesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometer
comprometeres
comprometer
comprometermos
comprometerdes
comprometeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
compromete
-
-
comprometede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometer
comprometeres
comprometer
comprometermos
comprometerdes
comprometeren
Xerundio comprometendo
Participio comprometido
comprometida
comprometidos
comprometidas