compresor -ra

compresor -ra
Plural: compresores Masculino: compresor Masculino plural: compresores Feminino: compresora Feminino plural: compresoras
  1. adx

    Que serve para comprimir.

  2. s m [TECNOL ]

    Máquina destinada a transportar un gas ou un vapor desde un punto, a baixa presión, a outro onde a presión é máis elevada ou para elevar a presión dun gas ou vapor.

  3. s m [MED ]

    Instrumento de cirurxía que serve para comprimir unha arteria ou outro órgano.

  4. s m [CONSTR ]

    Máquina empregada para comprimir ou revestir as estradas e para compactar solos mediante dous rolos.

  5. s m [MÚS ]

    Pedal electrónico que se enchufa a unha guitarra ou baixo eléctrico e concentra o son orixinal dándolle máis corpo.