compilación

compilación

lat compīlatĭōne ‘pillaxe, saqueo’

Plural: compilacións
  1. s f

    Acción e efecto de compilar.

  2. s f

    Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos.

  3. s f [DER ]

    Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo.