compacto -ta
compacto -ta
lat compactu ‘reunido, xunto’
-
adx
-
Que ten os seus constituíntes moi unidos, sen separación nin ocos.
-
[XEOL ]
Aplícase a un solo ou a un terreo moi pouco ou nada poroso.
-
[XEOL ]
Aplícase ás rochas cristalinas ou ás rochas que constan dun só elemento mineralóxico que se presenta aparentemente como amorfo.
-
-
adx
Que non presenta divisións ou fisuras, especialmente aplicado a algo non material.
-
s
m
[TECNOL ]
Equipo musical que reúne nun só corpo varios aparatos de reprodución de son.
Citas
- Realizaron unha protesta enérxica e compacta
- Son incapaz de durmir nun colchón tan compacto, O pan que cociñou hoxe non lle saíu moi compacto