comiso

comiso

lat commissu ‘confiscación’

Plural: comisos
  1. s m

    Acción de comisar.

  2. s m
    1. Pena xurídica de confiscación de bens, aplicada polo fisco ás mercadorías prohibidas ou de contrabando.

    2. Pena accesoria ou medida cautelar imposta ao autor dun delito, que consiste na perda ou retención dos instrumentos empregados no feito delituoso ou dos efectos resultantes do acto ilícito.

  3. s m [DER ]

    Conxunto de bens ou xéneros comisados.

Formas incorrectas

decomiso