comisario -ria

comisario -ria
Plural: comisarios Masculino: comisario Masculino plural: comisarios Feminino: comisaria Feminino plural: comisarias
  1. s

    Persoa que recibe a autorización para exercer funcións de mando ou negociación por delegación dunha autoridade superior.

  2. s

    Funcionario de policía que exerce como xefe dunha comisaría.

  3. s [POLÍT ]

    Membro da Comisión Europea encargado dunha determinada parcela da política comunitaria e designado polo goberno de cada país membro da UE, nun número proporcional ao conxunto dos seus habitantes.

  4. comisario testamentario [DER ]

    Persoa en quen o testador delegaba a facultade de facer testamento no seu nome ou de distribuír ao seu arbitrio o caudal hereditario.