comida

comida

comer

Plural: comidas
  1. s f

    Acción de comer.

  2. s f

    Calquera cousa susceptible de ser consumida para alimentarse, particularmente cando está preparada con esta intención.

  3. s f

    Calquera dos momentos do día reservados para comer e, especialmente, a comida do mediodía ou xantar.

Sinónimos

Citas

  • O barco tivo que aportar para coller víveres porque á tripulación a penas lle quedaba comida
  • Quedamos en xuntarnos fóra do restaurante trala comida

Frases hechas

  • Estar en comida. Estar un alimento en saz

Refranes

  • A carne de ÓSO, dente de lobo.
  • Á cazola ben guisada ¿quen lle fai mala cara?
  • A comida fría, estómago quente.
  • A comida que se perde por comida, nunca é perdida.
  • A comida, quente; e a bebida, fría.
  • A comida, repousada; e a cea, paseada.
  • A muller que non come canda o seu home, ou come antes ou despois come.
  • A muller que non ten home na abada come.
  • Aceite, carne, pantrigo e sal, mercado ría real.
  • Cal de verzas, cal de papas, ataquémo-las barazas.
  • Cando comas a perdiz, cos dedos no nariz.
  • Carne de hoxe, pan de onte, viño de antano / viño de cando cadre.
  • Comer ósos da soá, barba untada e barriga va.
  • Comida fina en corpos gordos fai mal aos ósos.
  • Comida fría e bebida quente nunca fixeron bo ventre.
  • Deben nadar en viño os caracois, as brevas e os figos.
  • DixoIle o leite ao viño: ¡Ben chegado sexas, amigo; mais poucas veces veñas por ese camiño!
  • Dixolle o leite ao viño: ¡Vente para acá, meu amigo!
  • Espera un pouco, que verzas che cozo.
  • Mesa de catalán, moita vianda e pouco pan.
  • Non hai peor vicio có leite con tona e pantrigo.
  • Non hai tal vicio coma a carne e o pantrigo.
  • O cabrito, córneo dun mes; e o año, de tres.
  • O polo, cada ano; e o parrulo, cada tres ou catro.
  • Tal terra andar, tal pan comer.
  • Viño, acedo; touciño,veIlo; e pan, de centeo.