combustión

combustión

lat combustĭōne

Plural: combustións
  1. s f

    Acción de queimar algunha cousa ou proceso polo que arde.

    1. s

      Reacción de oxidación que vai acompañada dun desprendemento de luz e calor, con chama (combustión viva) ou sen ela (combustión lenta).

    2. índice de combustión

      Relación entre o volume de CO e o de CO 2 nos fumes produto da combustión, que indica ata que grao se aparta da combustión completa.

  2. s f [TECNOL ]

    Tempo do ciclo dun motor de combustión interna no que se produce a combustión do carburante que está, mesturado con aire, na cámara de combustión.

  3. calor de combustión [FÍS ]

    Número de quilocalorías que se producen ao combinarse un elemento combustible co osíxeno para formar un composto osixenado. OBS: Tamén se denomina entalpía de combustión.

  4. combustión espontánea [QUÍM ]

    autocombustión.

  5. combustión somerxida [TECNOL ]

    Sistema industrial empregado para quentar ou concentrar grandes masas de líquidos.

Citas

  • No inverno prodúcense numerosas intoxicacións pola combustión lenta dos braseiros