columna

columna

lat columna

Plural: columnas
    1. s

      Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

    2. columna acanalada/estriada

      Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

    3. columna almofadada/biselada

      Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

    4. columna anelada/enfaixada

      Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

    5. columna conmemorativa/triunfal

      Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

    6. columna illada/exenta

      Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

    7. columna imbuída/de media cana/entregada

      Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

    8. columna salomónica/helicoidal

      Columna co fuste de forma helicoidal.

  1. s f

    Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

  2. s f [GRÁF ]

    Cada unha das partes dun texto, dun manuscrito, dun impreso, dun libro ou xornal, dispostas verticalmente pero separadas por un espazo en branco.

    1. s

      Conxunto de tropas que desfilan con pouca fronte e moito fondo.

    2. quinta columna

      Grupo de individuos encargados de cumprir un traballo político e militar no territorio do inimigo.

  3. s f [ANAT ]

    Formación constitutiva do endoesqueleto dos vertebrados de composición cartilaxinosa ou ósea e formado polas vértebras. OBS: Tamén se denomina columna vertebral.

  4. s f [BIOL ]

    Estrutura anatómica en forma de piar.

  5. s f [QUÍM ]

    Aparato de forma cilíndrica, de altura maior ca o diámetro, para poñer en contacto, xeralmente a contracorrente, dúas fases (líquido-líquido ou líquido-gas) para que se produza a separación dos compoñentes da mestura alimentadora en dúas ou máis fraccións.

  6. s f [XEOL ]

    Concreción calcaria no interior dunha caverna que resulta da unión dunha estalactita cunha estalagmita.

  7. s f [FÍS ]

    Masa ou sección dalgún fluído que se crea en forma de cilindro.

  8. columna xeolóxica/estratigráfica [XEOL ]

    Representación gráfica vertical que mostra a orde de sucesión e as relacións das formacións estratigráficas dunha rexión.

Sinónimos

Citas

  • Non me gustou a columna que aparecía no xornal sobre as folgas
  • O seu soldo é a columna económica familiar
  • Sobre o escritorio ten unha columna de papeis e revistas