colexio

colexio

lat collegĭu ‘conxunto de colegas’

Plural: colexios
    1. s

      Centro de estudo, formación e aprendizaxe en común.

    2. colexio universitario

      Centro de ensino superior adscrito a unha universidade, no que se estuda o primeiro ciclo de certas facultades ou escolas superiores.

    1. s

      Casa ou edificio do colexio.

    2. colexio maior

      Residencia de estudantes de ensino superior onde se levan a cabo actividades formativas.

  1. s m [DER ]

    Corporación de dereito público integrada por persoas que pertencen a unha mesma profesión, á que lle corresponde a ordenación do exercicio da profesión, a súa representación exclusiva e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados.

  2. colexio electoral
    1. Conxunto de electores dunha mesma circunscrición electoral.

    2. Lugar no que se reúnen os electores para votar.

Citas

  • O hotel está instalado nun colexio do século XIX