coitelo

coitelo

lat cultĕllu

Plural: coitelos
  1. s m

    Utensilio para cortar consistente nunha folla de metal, cun só fío de corte, unida a un mango.

  2. s m
    1. Cada un dos triángulos formados por dous pares e un tirante que hai na armadura dunha cuberta.

    2. Estrutura vertical dunha cimbra.

Citas

  • Este coitelo de cociña hai que afialo de novo porque xa non corta

Formas incorrectas

cuchilo

Refranes

  • Coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
  • Gábate, coitelo, que a vender te levo.
  • O coitelo que non corta con poñerlle o dedo abonda.
  • Un mesmo coitelo párteme o pan e córtame o dedo.