coherencia

coherencia

lat cohaerentĭa

Plural: coherencias
  1. s f

    Conexión e ausencia de contradición entre as partes dun argumento.

  2. s f

    Actuación en conformidade co que se pensa.

  3. s f [MAT ]

    Grao de plausibilidade entre uns feitos observados e unha teoría que pretende explicalos.

  4. s f [FÍS ]

    Propiedade dos fenómenos ondulatorios ópticos que consiste na constancia, ao longo do tempo, da diferenza de fase entre os compoñentes monocromáticos dun grupo de ondas, o que ten como consecuencia a produción de interferencias.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

cohesión

Citas

  • A coherencia dos seus argumentos foi o máis valorado do seu libro