cogombro

cogombro

lat cucūmĕru, por cucumĕre

Plural: cogombros
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, que se caracteriza por ser hirsuta, e ter talos angulosos, follas orbiculares, flores douradas axilares e froitos en pepónide.

  2. s m [BOT ]

    Froito oblongo e verrugoso desta planta. É moi rico en auga e contén grandes cantidades de vitaminas A e C.

  3. cogombro do demo [PLANTA ]

    Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, con flores unisexuais pentámeras e amareladas e froitos de tipo baga oblonga, colgante que, ao madurar, proxecta violentamente as sementes que conteñen.

Formas incorrectas

pepino