cofia

cofia

lat tardío cofia

Plural: cofias
  1. s f
    1. Toucado feminino que semella unha rede en forma de saco, feita con seda fina ou liño para cubrir a cabeza ou para recoller os cabelos. Forma parte do traxe tradicional de gala feminino.

    2. Peza de tea, normalmente de cor branca, que forma parte de uniformes ou hábitos relixiosos e que recolle o pelo.

  2. s f [BOT ]

    Cobertura foliosa que cobre a cápsula dos mofos.

  3. s f

    Especie de rede de graxa moi fina que envolve as tripas e as suxeita á parede do abdome.

Sinónimos

Citas

  • Coa cofia dos porcos fixo pingo e roxóns