cocolitoforal

cocolitoforal

cocólito + gr ϕ ορέω   ‘levar’ + -al

Plural: cocolitoforais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cocolitoforais.

  2. s f [PROTISTA ]

    Alga da orde das cocolitoforais.

  3. s f pl [PROTISTA ]

    Orde de algas unicelulares da clase das crisofíceas que abrangue organismos moi pequenos, cubertos cunha capa xelatinosa dentro da que se forman os cocólitos. Viven principalmente no mar, en augas mornas ou quentes.

Palabras vecinas

cocoidal cocoide cocólito cocolitoforal cocorar cocorote cocoso -sa