cocer

cocer

lat coquĕre

  1. v t

    Preparar un alimento mediante un proceso térmico, que produce unha modificación da textura física e da composición química por mor da calor e que o fai máis dixerible. Tm

  2. v t

    Someter á acción do lume un alimento para que adquira determinadas propiedades. Tm

  3. v t

    Sentir malestar debido á calor excesiva.

Sinónimos

Confrontaciones

ferver

Citas

  • A rosca coceu pouco porque o forno estaba frío, Onte cocéronse dúas fornadas de tarros
  • Cocémonos de calor no coche do teu pai
  • Estiveron a cocer barro para pintalo despois, Coceu pan de millo para toda a semana
  • Hai que cocer o leite durante máis de dez minutos para que se poida consumir con tranquilidade
  • O polbo non coceu nada ben, ¿Xa se coceu a sopa?
  • O viño coceu durante uns meses
  • Os zapatos cerrados cocéronme os pés
  • Tanto touciño non cho coce o estómago

Refranes

  • Coza quen quixer e amase quen souber.
  • Duro de cocer e peor de roer.
  • O cocido ben cocido e o asado mal asado.
  • Ó enfornar tórcese, ás veces, o pan.
  • Verza ¿por que non coceches? -Porque non me remexeches / porque antes non me meteches.

Palabras vecinas

cocedura coceira cocemento cocer cocerello cocha cocha
Conjugar
VERBO cocer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cozo
coces
coce
cocemos
cocedes
cocen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocía
cocías
cocía
cociamos
cociades
cocían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocín
cociches
coceu
cocemos
cocestes
coceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocera
coceras
cocera
coceramos
cocerades
coceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocerei
cocerás
cocerá
coceremos
coceredes
cocerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocería
cocerías
cocería
coceriamos
coceriades
cocerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coza
cozas
coza
cozamos
cozades
cozan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocese
coceses
cocese
cocesemos
cocesedes
cocesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocer
coceres
cocer
cocermos
cocerdes
coceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
coce
-
-
cocede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cocer
coceres
cocer
cocermos
cocerdes
coceren
Xerundio cocendo
Participio cocido
cocida
cocidos
cocidas