cobra

cobra

lat colŭbra ‘serpe’

Plural: cobras
    1. s

      Serpe, da familia dos colúbridos, coa cabeza cuberta de grandes escamas, a pupila habitualmente redonda, con escamas pequenas no dorso e nos costados e grandes no ventre. Algúns casos presentan dentes acanalados que inoculan veleno.

    2. cobra de auga

      Cobra do xénero Natrix que vive asociada a medios acuáticos.

    3. cobra de colar [Natrix natrix]

      Cobra que presenta o dorso de cor variable e lisa, verde ou acastañada, o ventre branco con manchas negras e cadradas.

    4. cobra de Esculapio [Elaphe longissima]

      Cobra co dorso e cos laterais do corpo acastañados, parda ou verdosa, salferido de amarelo, sobre todo na zona central.

    5. cobra de ferradura [Coluber hippocrepis]

      Cobra co ventre alaranxado ou amarelo e co dorso claro con grandes manchas negras, redondas ou romboidais. Na cabeza presenta unha mancha negra en forma de U.

    6. cobra lagarteira

      Cobra do xénero Coronella de tamaño moderado, que se caracteriza por presentar unha liña escura desde o ollo ata o pescozo.

    7. cobra rateira [Malpolon monspessulanus]

      Cobra que posúe cabeza grande, estreita e bastante alta, coas escamas supraoculares moi anchas. O dorso é verde oliva ou cinsento, coa cabeza e o pescozo máis claros e o ventre de cor clara con manchas negras. OBS: Tamén se denomina cobregón.

    8. cobra riscada [Elaphe scalaris]

      Cobra de fociño agudo, corpo groso e longo, co dorso de cor amarelada ou parda, con dúas liñas escuras paralelas e lonxitudinais.

    9. cobra viperina [Natrix maura]

      Cobra co dorso pardo cinsento e cun deseño en zigzag máis escuro, ventre reticulado e iris amarelo ou alaranxado.

  1. s f [ANIMAL ]

    Serpe do xénero Naja, da familia dos elápidos, que se caracteriza pola alta toxicidade do seu veleno e pola capacidade para expandir o pescozo e xirar as súas costelas co que manifestan os distintos deseños de advertencia como debuxos, colares ou bandas.

Sinónimos

Confrontaciones

serpe, víbora