cobaia

cobaia

voz amerindia

Plural: cobaias
  1. s [ANIMAL ]

    Mamífero roedor do xénero Cavia, da familia dos cávidos, que ten o corpo forte e robusto e a cabeza grande, as patas e as orellas curtas, e carece de rabo. O seu pelame é de coloración variable, longo e áspero.

  2. s

    Animal ou persoa coa que se realiza algún experimento.

Citas

  • Traballou para un laboratorio farmacéutico como cobaia humana