coada
coada
coar
-
s
f
-
Auga que se prepara con lixivia ou deterxente que se lle bota á roupa para que branquee.
-
Acción de lavar a roupa con esa auga.
-
-
s
f
[ARTE ]
Arxila líquida que se bota nun molde para facer unha peza de cerámica.
-
-
s
Masa rochosa que se separa en forma de capas, de mantos ou de correntes, no momento que se encontra en estado fluído ou semifluído e que se consolida posteriormente.
-
coada de lama
Masa de rocha sedimentaria formada por minerais de gran moi fino que, ao saturarse de auga, adquire a plasticidade suficiente para desprazarse en forma de fluído.
-
coada volcánica
Masa de lava que sae ao exterior a través dun cráter e que se estende pola súa pendente mantendo a temperatura suficientemente elevada para descender con fluidez.
-
s
Sinónimos
Citas
- Foi facer a coada na fonte do lugar
- Meteu a roupa na coada antes de a meter na lavadora