cloruro

cloruro

clor- + -uro

Plural: cloruros
    1. s [QUÍM ]

      Combinación do cloro cun corpo composto ou simple distinto do osíxeno e do hidróxeno.

    2. cloruro de etilo [CH 3 CH 2 Cl] [QUÍM ]

      Haluro de alquilo que se emprega como refrixerante, como solvente e como anestésico.

    3. cloruro de metilo [CH 3 Cl] [QUÍM ]

      Gas que se emprega como propulsante para aerosois de alta presión, como pesticida, anestésico e refrixerante na polimerización do caucho. OBS: Tamén se denomina clorometano.

    4. cloruro de vinilo [C2H3CL] [QUÍM ]

      Haluro de alquenilo que se emprega na industria dos plásticos para a obtención do policloruro de vinilo.

  1. s m [QUÍM ]

    Anión Cl - que se pode considerar que deriva formalmente do ácido clorhídrico por perda do hidróxeno.