clonación

clonación

clonar

Plural: clonacións
  1. s f [BIOL/XEN ]

    Acción e efecto de clonar.

  2. s f [BIOL ]

    Proceso de obtención de células ou organismos idénticos orixinados do mesmo e único proxenitor por división das células ou por reprodución asexual dos organismos.

  3. clonación de xenes/molecular [XEN ]

    Técnica que permite a obtención de gran número de copias idénticas dun ou varios xenes contidos nun fragmento de ADN.

Citas

  • A clonación humana non está permitida por cuestións éticas

Palabras vecinas

clofibrato clomifeno clon clonación clonar clonazepam clónico -ca