clinómetro

clinómetro

clino- + -metro

Plural: clinómetros
  1. s m [AERON ]

    Aparato de medición da horizontalidade dunha aeronave.

  2. s m [ARQUEOL/XEOL ]

    Aparato de medida do ángulo de inclinación con respecto á horizontal dun estrato, dunha fractura, dun chan xistoso ou da pendente dun terreo.

  3. s m [MAR ]

    Instrumento de a bordo que se usa para medir a amplitude do balanceo do barco e a escora.