clima
lat clima gr κλίμα ‘inclinación, pendente’
-
-
s
[CLIMAT ]
Modelo explicativo do conxunto de condicións atmosféricas e meteorolóxicas que se rexistran sobre un territorio nun período de tempo suficientemente longo como para poder considerar representativos os datos. Os climas caracterízanse segundo factores astronómicos, dinámicos e xeográficos.
-
clima alpino
Clima de montaña da zona temperada onde predomina o factor altitude que determina a existencia de invernos fríos, cunha forte presenza de neve, e estíos frescos e chuviosos.
-
clima ártico
Clima da zona polar do hemisferio norte.
-
clima atlántico
Clima oceánico do continente europeo.
-
clima boreal
Clima propio das altas latitudes do hemisferio norte que se caracteriza polos invernos prolongados e rigorosos.
-
clima continental
Clima dos sectores interiores das masas de terra, que se caracteriza polas oscilacións térmicas pronunciadas e polo predominio das estacións equinocciais. As precipitacións son escasas e teñen lugar, principalmente, no verán, en forma de treboadas.
-
clima extremo
Clima que presenta unha grande amplitude térmica anual e uns contrastes estacionais moi acusados.
-
clima local
Clima que afecta a sectores moi reducidos da terra por mor da existencia dun factor xeográfico diferencial.
-
clima mediterráneo
[METEOR ]
Clima típico da zona mediterránea, que se dá nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude e que se caracteriza por veráns secos e cálidos, invernos suaves, e choivas que se presentan na primavera e no outono, a miúdo torrenciais.
-
clima oceánico
Clima de réxime marítimo das caras occidentais dos continentes na zona temperada que se caracteriza polos invernos suaves, os veráns frescos, unha oscilación térmica moi pequena e a existencia de estacións intermedias moi ben definidas.
-
s
[CLIMAT ]
-
s
m
Conxunto de circunstancias que caracterizan unha situación ou unha persoa, en función das que se produce un feito.
Citas
- As conversas desenvolvéronse nun clima de amizade