clerical

clerical

lat clericāle ‘relativo ó clero’

Plural: clericais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao clero.

  2. adx

    Que é favorable ao clero ou influído excesivamente pola Igrexa.

Citas

  • A sotana é a indumentaria clerical máis distintiva
  • Os partidos máis clericais rexeitaron a proposta de lei
  • Toda a súa familia ten ideas moi clericais