cláusula
lat clausŭla
-
-
s
Cada unha das partes, separacións ou disposicións das que pode constar un acto xurídico público ou particular na súa proxección documental.
-
s
Proposición que adoita situarse no final dun documento xurídico e que serve de condición para o cumprimento do mesmo.
-
cláusula ad cautelam
Fórmula testamentaria que se emprega con frecuencia polo testador como medida de precaución para indicar a non validez de ningún outro testamento posterior que non inclúa determinados sinais, expresións ou palabras.
-
cláusula cominatoria
Fórmula introducida nos contratos que impón penas ou indemnizacións ás partes no caso de contravir o pactado.
-
claúsula compromisoria
Fórmula que acorda someter á decisión dun ou de varios árbitros as cuestións litixiosas que xorden respecto da interpretación do acordado nun contrato.
-
cláusula leonina
Declaración pola que algunha das partes posúe privilexios exorbitantes en prexuízo das outras.
-
cláusula notarial
Mención da intervención do notario na escritura.
-
cláusula penal
Fórmula que, para asegurar o cumprimento da obriga principal, impón sancións á parte que a incumpre ou a demora.
-
s
-
s
f
[LING ]
Unidade gramatical que se caracteriza pola presenza dun verbo ao redor do que se organizan as distintas funcións sintácticas. É a unidade inmediatamente inferior, na escala gramatical, á oración.
-
s
f
[MÚS ]
Breve composición a dúas, tres ou catro voces que se cantaba ao final ou no medio dunha peza de canto plano (gradual, aleluia, responsorio), construída sobre un tema deste. Foi a orixe do motete.
Citas
- Os representantes pediron un aumento salarial), e cláusulas complexas, que presentan recursividade, é dicir, conteñen no seu interior outra cláusula ( Os representantes pediron que lles aumentasen o salario), Esta última é, dende a perspectiva das relacións de dependencia, unha cláusula dominante, e contén no seu interior unha cláusula dominada (que lles aumentasen o salario), O uso contemporáneo deste termo procede da tradición gramatical inglesa, pese a que xa o introduciran no Século de Ouro gramáticos como Villalón, Covarrubias ou Correas, que non sempre empregaban criterios estrictamente sintácticos na súa descrición, Dentro da tradición hispánica, designou unha unidade do discurso con significado pleno que podía conter no seu interior unha ou varias oracións, Non obstante , esta distinción non tería continuidade, e a gramática tradicional acabaría utilizando o concepto unitario de oración para referirse á unidade lingüística de sentido pleno que consta de suxeito e predicado, Guillermo Rojo, primeiro en introducir a cláusula na escala de unidades gramaticais, proporciona, dende unha perspectiva funcionalista, unha definición baseada en criterios de tipo sintáctico, Deste xeito, deixa a un lado cuestións como a independencia semántica (significado pleno) ou a relación suxeito-predicado e, en consonancia coas correntes lingüísticas europeas (como a gramática de valencias ou o modelo de dependencias), considera o verbo como eixe fundamental e definitorio da cláusula
- Unha cláusula do contrato de aluguer recolle a obriga de permanecer no piso durante un ano como mínimo