cizallamento

cizallamento

cisalla

Plural: cizallamentos
    1. s

      Acción de cizallar.

    2. s

      Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua e que pode chegar a provocar a rotura da peza.

    3. ensaio de cizallamento

      Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento.

    4. esforzo de cizallamento

      Compoñente, nun corpo sometido a certo estado de carga, da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.

  1. liña de cizallamento [METEOR ]

    Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.

Palabras vecinas

civismo civitas* cizalla cizallamento cizallar cizoiro Cl