civil
lat cīvīle
-
adx
Relativo ou pertencente aos cidadáns e ás relacións establecidas entre si cos seus concidadáns no seo do Estado do que forman parte.
-
adx
-
Que pertence á xeneralidade dos cidadáns, por oposición a militar ou eclesiástico.
-
causa civil
[DER ]
Proceso xudicial no que se debaten intereses relacionados co dereito civil.
-
desobediencia civil
[DER ]
Actitude de desafío á autoridade que pode expresarse na obxección ao cumprimento da lei vixente e na aceptación voluntaria da sanción que esta obxección comporta.
-
estado civil
[DER ]
Condición de cada persoa en relación coas situacións tipificadas como fundamentais na organización civil da comunidade e que afecta á súa independencia xurídica e á súa capacidade de obrar.
-
gobernador civil
[ADM ]
Órgano da administración periférica do Estado de ámbito provincial ao que corresponde a dirección superior dos servizos estatais na provincia e, entre outras competencias, o exercicio da xefatura superior dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia.
-
responsabilidade civil
[DER ]
Deber xurídico que incumbe ás persoas físicas e xurídicas de responder do feito realizado e de sufrir as súas consecuencias xurídicas, formalizadas nas indemnizacións polos danos e prexuízos materiais e morais producidos.
-
sociedade civil
[DER ]
Contrato polo que dúas ou máis persoas acordan contribuír en común con bens ou servizos coa finalidade de repartir entre si as ganancias.
-
sociedade civil
[POLÍT ]
Ámbito das relacións entre individuos, grupos e clases sociais que se desenvolve fóra das relacións de poder que caracterizan as institucións estatais.
-
Citas
- Casaron nunha voda civil, É raro velo co uniforme, case sempre leva roupa civil
- Demostraron unhas boas actitudes civís, É moi autoritorio e non consegue ter un comportamento civil
- Está regulado no código civil
- Non todos os países gozan dos mesmos dereitos civís