citación
citación
lat citatiōne ‘proclamación’
-
s
f
Acción e efecto de citar.
-
citación de evicción
[DER ]
Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evicción.
-
citación de remate
[DER ]
Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.
-
citación xudicial
[DER ]
Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.
Citas
- A citación para comparecer nos xulgados chegoulle a primeira hora da mañá
- Mentres lía a citación tremíanllle as mans