cisterna

cisterna

lat cisterna

Plural: cisternas
  1. s f

    Depósito subterráneo que se destina a conter líquidos.

  2. s f

    Depósito de auga dun inodoro.

  3. s f

    Tanque de gran tamaño que posúen certos vehículos para transportar líquidos ou gases.

  4. s f [ANAT ]

    Espazo situado na base do cerebro onde se concentra abundante líquido cefalorraquídeo.

  5. cisterna de Pecquet [ANAT ]

    Dilatación localizada na parte alta e profunda do abdome que dá orixe ao conduto torácico que transporta a linfa á pelve, ás extremidades inferiores e ás arterias intestinais.

Confrontaciones

alxibe, estanque

Citas

  • A cisterna do váter xa se volveu avariar, bota a auga por fóra
  • Debido á seca destes días, varias poboacións tiveron que facer uso de enormes cisternas de auga
  • Vai ao volante dun camión cisterna que contén mercadorías perigosas