circulación
lat circulatiōne ‘circuíto, volta’
-
s
f
Acción de circular.
-
s
f
Conxunto de vehículos que circulan.
-
-
s
[FISIOL ]
Movemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa a través de condutos.
-
circulación colateral
[PAT ]
Desviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo.
-
circulación extracorpórea
[MED ]
Derivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca.
-
circulación portal
[FISIOL ]
Circulación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado.
-
circulación sanguínea
[FISIOL ]
Circulación na que o sangue do ventrículo esquerdo do corazón se bombea a través das arterias e arteríolas aos capilares, onde achega o osíxeno necesario para a respiración e nutrición celular e retira o dióxido de carbono e as substancias residuais que (polas vénulas e polas veas), volve á aurícula dereita do corazón.
-
s
[FISIOL ]
-
-
circulación económica
Conxunto de estruturas e mecanismos que permiten que os factores de produción, os produtos e os servizos cheguen aos usuarios e se despracen en función das esixencias dos diversos mercados.
-
circulación monetaria
Cantidade de diñeiro, parte do stock monetario, que circula durante un período de tempo determinado.
-
circulación económica
-
-
circulación forzada
Sistema de circulación no que se impulsa o fluído mediante un aparato.
-
circulación natural
Sistema de circulación no que un fluído se despraza pola súa diferenza de densidade, causada pola diferenza de temperatura, ás diversas partes do circuíto.
-
circulación forzada
-
circulación xeral atmosférica
[METEOR ]
Sistema das grandes correntes de aire mediante o que se redistribúe a enerxía procedente da radiación solar e o vapor de auga para acadar o equilibrio enerxético terrestre. En superficie, a desigual repartición da presión, incide na creación de centros de acción; son as baixas presións ou borrascas e as altas presións ou anticiclóns.
-
circulación dun vector ao longo dunha curva
[MAT ]
Cantidade numérica definida, dentro dun campo vectorial V , como o límite da suma dos produtos escalares elementais V ·d s correspondentes aos diferentes elementos de curva considerados, cando a lonxitude destes elementos tende a cero.
Sinónimos
Citas
- Evita ir co coche ao centro da vila porque hai moita circulación
- Ten mala circulación sanguínea, Cando viñamos vimos un terrible accidente de circulación