circasiano -na
circasiano -na
Plural:
circasianos
Masculino:
circasiano
Masculino plural:
circasianos
Feminino:
circasiana
Feminino plural:
circasianas
-
adx
Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo pertencente ao pobo circasiano.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Estaban repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares, de Adiguesia, dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria.
-
s
m
[LING ]
Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.