ciprés

ciprés

lat tardío cypressus lat cuprĕssus gr kypárissos

Plural: cipréses
  1. s m

    Árbore ximnosperma do xénero Cupressus, da familia das cupresáceas, que presenta un tronco recto, casca fibrosa con estrías, follas con forma de escama de cor verde escura cun suco no revés. As piñas masculinas teñen forma ovoide e as piñas femininas son redondas e de escamas leñosas. A madeira é de cor parda amarelenta e aromática, e empregouse para a fabricación de barcos.

  2. ciprés californiano/ciprés de Monterrey

    Árbore ornamental moi frecuente.

  3. Fam ciprés do incenso

    Árbore de casca rubia que se desprende en anacos.

  4. ciprés grego

    Árbore de follaxe verde escura e cheiro resinoso, con piñas, frecuente nos cemiterios e nos pazos.

  5. ciprés portugués

    Árbore con porte cónico, casca grosa fibrosa e de cor cinsenta.

Sinónimos

Citas

  • Vimos mobles de ciprés